Digital resources in the Social Sciences and Humanities OpenEdition Our platforms OpenEdition Books OpenEdition Journals Hypotheses Calenda Libraries OpenEdition Freemium Follow us

Experiencias de salvaguardia de la dimensión cultural del derecho humano a la alimentación

O 17 de xuño de 2026 tivo lugar un interesante Webinar organizado pola FAO, Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, enmarcado na declaración de 2026 como “Año internacional de la Agricultura”.

Cartel do programa do Webinar

Enlace ao Webinar

Programa do Webinar

8:00 am (Colombia) 5:00 pm (Roma)

Benvida a cargo de: Michela Espinosa Reyes, especialista Senior del Área de alimentación y lucha contra la malnutrición de FAO Colombia. Ruth Fórez, coordinadora Grupo de Patrimonio Cultural Inmaterial del Ministerio de las Culturas, los Artes y Los Saberes. Juan Echanove, líder del equipo del Derecho a la Alimentación de la FAO en Roma.

8:10 am (Colombia) 5:20 pm (Roma) La dimensión cultural del derecho a la alimentación: Juan Echanove, líder del equipo del Derecho a la Alimentación de la FAO en Roma.

8:25 am (Colombia) 5:25 pm (Roma) El papel de los mercados de abastos en la protección del patrimonio socioalimentario y en el cuidado del territorio. Ruth Varela, Investigadora Juan de la Cierva, Universidade da Coruña, Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica y Patrimonio (GICAP), Centro de Investigación Interuniversitaria das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)

8:40 am (Colombia) 5:40 pm (Roma) SIPAM CHILOÉ, Sistema Importante del Patrimonio Agrícola Mundial. Alimentación, cultura y biodiversidad. Carmen Miranda Morales – Ministerio de Agricultura de Chile

8:55 am (Colombia) 5:55 pm (Roma) Solares mayas de Yucatán: memoria, cuidado y alimentación. Daniela Marian Mussali Meza – Directora General de Planeación y Evaluación Estratégica en Secretaría de Educación, Ciencia, Tecnología e Innovación de la Ciudad de México. Arturo Cantón Ruz – Coordinador de gobernanza territorial en Proyecto GEF Biomas Forestales Críticos de Mesoamérica | Maestro en Ecología Internacional.

9:10 am ( Colombia) 6:10 pm (Roma) Programa Cocinas para la Paz, salvaguardia del patrimonio alimentario y culinario en Colombia Mónica Pulido Villamarín. Asesora Política para el conocimiento, salvaguardia y fomento de la alimentación y cocinas tradicionales. Grupo Patrimonio Cultural Inmaterial/ Dirección de Patrimonio y Memoria, Ministerio de las Culturas, los Artes y los Saberes, Colombia

9:25 am (Colombia) 6:25 pm (Roma) Conversatorio: Alimentación y cultura: oportunidades y desafíos México. Mtro. Jesús Mendoza Mejía , jefe del Departamento de Culturas Agroalimentarias. Dirección General Técnica y de Investigación de las Culturas Populares. Unidad de Culturas Vivas, Patrimonio Inmaterial e Interculturalidad. Secretaría de Cultura del Gobierno de México. Presidente de Ibercocinas Perú: Julia Alarcón Modera: Juan David Benavides, asesor Ministerio de las Culturas, los Artes y los Saberes, Colombia

9:45 am (Colombia) 6:45 pm (Roma) Conclusiones y cierre Valeria Pasarín, Equipo derecho a la alimentación, FAO Roma

Nota de concepto do Webinar

Webinar

Experiencias de salvaguardia de la dimensión cultural del derecho humano a la alimentación

Fecha: 17/06/2026

Hora: 8:00 am – 10:00 am  (Colombia) 3:00 pm – 5:00pm (Roma)

El derecho a la alimentación ha sido tradicionalmente abordado desde perspectivas técnicas, productivas y nutricionales. Sin embargo, cada vez más países reconocen que la alimentación es también un hecho cultural, vinculado a la identidad, la memoria colectiva y la transmisión de saberes. Este webinar busca visibilizar experiencias que han situado la dimensión cultural de la alimentación en el centro de las políticas públicas, conectándola con el ejercicio de los derechos culturales.

En diversos países, las cocinas tradicionales, los programas de rescate de productos locales y las iniciativas de salvaguardia del patrimonio alimentario y culinario, han demostrado que la cultura es un componente esencial para comprender de manera holística la alimentación como derecho. Estos esfuerzos muestran cómo los saberes y prácticas alrededor de lo alimentario, fortalecen la cohesión social, protegen la agrobiodiversidad y generan alternativas económicas sostenibles, al tiempo que preservan la diversidad cultural. 

Este espacio reunirá experiencias internacionales que han situado la dimensión cultural en el centro del trabajo alrededor de lo alimentario. Será un espacio para reflexionar sobre cómo las comunidades y los Estados han articulado la protección del patrimonio alimentario y culinario con la garantía del derecho a la alimentación, y cómo los derechos culturales ofrecen un marco indispensable para avanzar hacia sistemas alimentarios más inclusivos, sostenibles y participativos. 

El diálogo permitirá: 

  • Compartir aprendizajes sobre la integración de la perspectiva cultural en la alimentación. 
  • Visibilizar prácticas comunitarias que salvaguardan saberes y tradiciones alimentarias y culinarias en contextos diversos. 
  • Identificar las oportunidades y amenazas para fortalecer la conexión entre alimentación y derechos culturales. 

Objetivo: Realizar un interambio de experiencias de países en el trabajo de protección de la dimensión cultural de la alimentación y su importancia para la realización del derecho humano a la alimentación adecuada.

A quién va dirigido: entidades de gobierno, organizaciones sociales, comunitarias, defensoras de derechos, academia y comunidad en general interesada en el trabajo alrededor de la garantía del derecho humano a la alimentación adecuada.

Galería de imágenes del Webinar

Nota de financiación:

A participación da investigadora Ruth Varela neste webinar foi posible grazas ao apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

Sitopías 09

Xornada de presentación do traballo sobre o parque agrario de Aríns, realizado polos/as estudantes de Proxectos de paisaxe 6 do curso 2025-26 da ETSAC

06/05/2026 de 17:30 a 20:00 h.

Cartel da xornada: material gráfico realizado polos/as estudantes da ETSAC. Deseño: Noelia Vázquez Abelenda

En continuidade coas anteriores edicións de Sitopías, trátase de coñecer, a través de estudios de caso, a situación dos sistemas alimentarios de proximidade e dos mercados de abastos locais, dende a perspectiva, neste caso, do val e a parroquia de Aríns que historicamente estiveron moi vinculados á Praza de Abastos de Santiago.

Os alumnos/as de Proxectos de paisaxe 6, do séptimo cuatrimestre do curso 25/26 da Escola Técnica Superior de Arquitectura, ETSAC, desenvolveron como exercicio académico un parque agrario en Aríns, en Santiago de Compostela, baixo a tutoría dos profesores: Emilio Rodriguez Blanco (área de Proxectos) e Jesús Conde García (área de Urbanismo) e en colaboración coa asociación de veciños/as de Aríns “Coto da Nai”, que xa participara en Sitopías 08: https://sitopias.hypotheses.org/xornadas

A conservación das contornas agrícolas periurbanas, os produtores/as locais de proximidade, a posta en valor dos mercados de abastos, a posibilidade dunha soberanía alimentaria real – asumindo que un dos grandes retos globais será a alimentación das nosas cidades– conduce en 2015 á sinatura do Pacto de Milán no que numerosos alcaldes e alcaldesas de todo o mundo, incluida a alcaldesa de Santiago de Compostela como lider dun concello asinante, se comprometen a articular e ordenar sistemas de produción resilientes e a un acceso universal a unha alimentación sana, saudable, asequible e producida localmente. 

Poucas cidades conservan unha relación tan estreita coa súa contorna produtiva como Santiago de Compostela, até o punto de que hortas e labradíos aínda asoman ao pé da catedral. Ao contrario que moitas cidades, Compostela, e a súa bacía alimentaria, pode ser capaz de abastecer gran parte das súas necesidades alimentarias, tendo en conta unha dieta sana e culturamente axeitada. Produtores locais, cooperativas de consumo e cidadáns demandan un cambio de modelo, así como infraestruturas que apoien as cadeas curtas e a función central da Praza de Abastos. 

Tomando como partida o proxecto de urbanización débil de 1995, “Agrónica” de Andrea Branzi, os alumnos/as exploraron a posiblidade de converter o val do río Aríns nun parque agrícola que funcionase como mediador entre as distintas situacións urbanas e rurais de Compostela.

Lugar e datas:

Mércores, 06/05/2026, de 17:30 a 20:00 h.

Local da Asociacion de Veciños Coto da Nai, San Martiño, 16, Aríns, Santiago de Compostela

Directores:

Ruth Varela

Emilio Rodríguez Blanco

Jesús Conde García

Xosé Neiro Ramos

Lucía Segundo Moure

Comité científico:

Jesús Conde García

Emilio Rodríguez Blanco

Ruth Varela

Comité organizador:

Ruth Varela

Emilio Rodríguez Blanco

Noelia Vázquez Abelenda

Lucía Segundo Moure

Estudantes:

Sara Veira Meizoso

Alex Rodríguez Rodríguez

Noa Rodríguez Méndez

Estevo Rodríguez Gallego

Marta Rodríguez Barreiro

Zaira Gallego Fernández

Brais Fraga Pose

Miguel Ángel Fernández García

Christian Arenas Vázquez

Deixamos aquí algunhas imaxes da xornada de Sitopías 09:

Fotografía Pablo Carreño

https://santiagodecompostela.gal/gl/noticias/o-concelleiro-xesus-dominguez-destaca-relevancia-dos-traballos-da-escola-de-arquitectura

Nota de financiación:

O proxecto Sitopías 09 está financiado co apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

Debate sobre as consecuencias da modificación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia

Organizado pola Agrupación cultural O Galo

O pasado 6 de marzo tivo lugar un debate, organizado pola Agrupación cultural O Galo, para analizar as consecuencias dos cambios na Lei de Patrimonio de Galicia. No debate, que encheu o auditorio do Centro sociocultural do Ensanche, participaron: Mercedes Queixas, Deputada no Parlamento de Galicia; Xosé Penas, Deputado de Contratación e Patrimonio na Deputación da Coruña; Ruth Varela, investigadora Juan de la Cierva na Universidad da Coruña e Teresa Nieto, funcionaria do Corpo especial de arquitectos da Xunta de Galicia.

Dentro das intervencións, a investigadora Ruth Varela, ademais de debuxar o marco contextual no que aparece esta modificación lexislativa, falou sobre os procesos de expulsión e de despatrimonialización, que afectan ao patrimonio cultural de Galicia, abordando tamén algunhas cuestións relativas ao patrimonio socioalimentario.

Deixamos aquí algunhas imaxes do citado debate que se celebrou o 6 de marzo de 2026, ás 19:30 horas, no local do Centro sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela:

Fotografía Pablo Carreño.

Nota de financiación:

A participación neste debate foi posible grazas ao apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

XII Congreso Internacional de Ordenación do Territorio (CIOT)

«Cultura territorial. O futuro non se improvisa»

Santiago de Compostela, 12, 13, 14 e 15 de novembro de 2025. Organizado pola Asociación Interprofesional de Ordenación del Territorio (Fundicot)

O XII Congreso Internacional de Ordenación do Territorio (XII CIOT) celebrouse en Santiago de Compostela entre o 12 e o 15 de novembro de 2025.

O seu programa destacaba como obxectivo «seguir sendo foro de referencia para a presentación e discusión das condicións, avances, prácticas e experiencias en materia de planificacion, implementación, avaliación e xestión territoriais; dende diferentes enfoques (natural, patrimonial, urbano, infraestrutural, paisaxístico, rural, litoral, do desenvolvemento económico rexional…), pero sempre respondendo a unha visión coherente e intregrada. Un axeitado equilibrio e cohesión, a axeitada xestión dos recursos territoriais, tanto naturais (auga, solo, enerxía…) como antrópicos (os modelos de asentamento, a mobilidade e a loxística…), e dos servizos ecosistémicos como forma de mitigación do cambio climático, en especial o incremento dos riscos naturais e os seus desastrosos efectos para as persoas e a economía, resultan obxectivos prioritarios para a ordenación do territorio na actualidade».

Dentro das actividades do Congreso, tivo lugar unha mesa de debate titulada «Regeneración urbana y regeneración territorial: el caso de Santiago de Compostela», na que participaron Iago Lestegás Tizón, arquitecto. Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica de Santiago de Compostela; José Antonio Domínguez Varela, Xerente do Consorcio de Santiago; Ruth Varela, Investigadora Juan de la Cierva na Universidade da Coruña e Silvia Casorrán Martos, Secretaria Xeral da Red de Cidades pola Bicicleta. Ademais, como relator, participou Vicente Dómine Redondo, enxeñeiro Camiños, Canais e Portos na Consellería de Vivenda, Obras Públicas e Vertebración do Territorio da Generalitat Valenciana e vocal de Fundicot.

A continuación transcribimos algunhas notas da intervención da investigadora e arquitecta Ruth Varela:

«Temos un rural con 21 parroquias e 215 núcleos de poboación que pode representar unha grande oportunidade para Compostela, nun conxunto de accións dirixidas a garantir a suficiencia alimentaria, o impulso á economía local e a relocalización da actividade produtiva.

A investigadora resaltou que dentro das estratexias de recuperación do metabolismo social da cidade tradicional había tres accións moi necesarias: recuperar os sistemas alimentarios de proximidade, recuperar os sistemas de coñecemento de tradición ecolóxica e recuperar os imaxinarios históricos de Compostela e das terras de Compostela.

E incidiu en que recuperar eses imaxinarios históricos, ligados a procesos de patrimonialización da natureza, implicaba tamén revertir os imaxinarios fósiles que alentaron o desprezo cara o mundo rural e cara os seus habitantes, deslexitimizando a defensa da natureza, deslexitimando a defensa do patrimonio e arrebatando á cidadanía o control do metabolismo social».

Deixamos aquí algunhas imaxes do debate que tivo lugar o sábado 15 de novembro, de 9:00 a 11:00 horas, no Centro Socio Cultural Cidade Histórica Maruxa e Coralia en Santiago de Compostela, así como do percorrido realizado posteriormente por algúns lugares de interese de Compostela.

© Fotografías de Mercedes Almenar.

Máis información pinchando neste enlace ou no programa.

Nota de financiación:

A participación neste congreso foi posible grazas ao apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

80 Aniversario da Praza de Abastos de Santiago de Compostela

O 10 de outubro de 1945 inaugurábase, ás 18:00 h. da tarde, a Praza de Abastos de Santiago de Compostela, proxectada polo arquitecto asturiano Joaquín Vaquero Palacios (1900-1998)

Para celebrar o 80 aniversario desta inauguración, en outubro de 2025, e até finais deste mesmo ano, realizáronse varias accións conmemorativas impulsadas pola Concellería de Mobilidade, Convivencia e Centros socioculturais do Concello de Santiago de Compostela.

Así, o 17 de outubro de 2025 tiña lugar a inauguración dunha exposición itinerante titulada: A PRAZA DE ABASTOS. 80 ANOS ALIMENTANDO COMPOSTELA que se situaría primeiro na Praza de Mazarelos –antiga Praza do Mercado vello– no centro histórico, e despois na Praza Roxa.

A comisaria da mostra, a arquitecta e investigadora Ruth Varela, resumía con estas palabras o sentido da mostra:

«O 10 de outubro de 1945, ás seis da tarde, inaugurábase a actual Praza de Abastos de Santiago de Compostela, obra do arquitecto asturiano Joaquín Vaquero Palacios (1900-1998), quen proxectaría, na vía da modernidade vernácula, un conxunto de palacios rurais, con certo aire sacro e un sabor entre románico e barroco, que habían de servir de mercado de abastos. Naquela altura, a necesidade desta infraestrutura alimentaria pública era acuciante pois o mercado decimonónico, de mala construción, viñérase abaixo xa unha década antes; no inverno de 1935.

A idea reitora do proxecto da Praza de Abastos atendía á fermosa e paradigmática relación de Compostela coa súa contorna rural e consistía, en esencia, en realizar a integración da aldea e o campo na cidade, dende o punto de vista espacial, arquitectónico, produtivo, socioalimentario, cultural, identitario e metabólico; atendendo ao metabolismo social circular da cidade tradicional, un dos patrimonios máis valiosos desta cidade Patrimonio da Humanidade. Unha decisión visionaria, a do arquitecto, que se adiantaba casi oitenta anos a algúns dos principios do Pacto de Milán de Políticas Alimentarias Urbanas (2015) ou do Pacto Verde Europeo (2019). Vaquero Palacios poñía en valor o virtuosismo do traballo en granito dos canteiros e a cultura espacial das sociedades rurais preindustriais da bacía alimentaria de Compostela e poñía en valor, sobre todo, o local e a pequena escala: os actores de pequena escala, as paisanas, as praceiras, as explotacións da agricultura familiar que cultivaban o produto local e que coidaban da terra e dun territorio organizado en centos de miles de mosaicos paisaxísticos e nutricios.


No contexto actual de crise alimentaria global, de ruptura das cadeas de subministros, de tensións arancelarias e de encarecemento do prezo dos alimentos, coidar a nosa Praza de Abastos é máis importante que nunca. A Praza de Abastos, que hoxe cumple oitenta anos, é o único centro de alimentación público e de proximidade de Compostela e é unha infraestrutura esencial para garantir unha alimentación saudable, asequible e de proximidade para a cidadanía. A Praza de Abastos é unha infraestrutura crucialpara protexer a cultura alimentaria tradicional, para preservar o patrimonio socioalimentario propio, para axudar a transformar o modelo alimentario actual cara un modelo alimentario equilibrado, así como para garantir a suficiencia alimentaria. A Praza de Abastos é o lugar onde se producen as relacións directasentre produtores/as e veciñanza, un lugar de rituais comunitarios arredor do alimento, un lugar público de encontro, de intercambio de coidados e de transmisión de saberes. E, finalmente, a Praza de Abastos está chamada a converterse no motor da recuperación dos sistemas alimentarios de proximidade e no motor da recuperación da relación paradigmática de Compostela co mundo rural que a rodea, que ha de ser agora, máis que nunca, un rural coidado e libre de incendios, un rural vivo e un rural produtivo e con futuro. O Concello de Santiago de Compostela asinou o Pacto de Milán de Políticas Alimentarias Urbanas e, nese mesmo compromiso, aposta por fortalecer a nosa praza e, con ela, un dereito humano esencial: o dereito a unha alimentación axeitada para a súa cidadanía».

Selección de paneis da exposición A PRAZA DE ABASTOS. 80 ANOS ALIMENTANDO COMPOSTELA.

Deixamos aquí algunhas imaxes da exposición A PRAZA DE ABASTOS. 80 ANOS ALIMENTANDO COMPOSTELA na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela.

Fotografía Pablo Carreño.

Deixamos aquí algunhas imaxes da exposición A PRAZA DE ABASTOS. 80 ANOS ALIMENTANDO COMPOSTELA na Praza Roxa de Santiago de Compostela.

Fotografía Pablo Carreño.

Procesos de expulsión espacial en la Plaza de Abastos de Santiago de Compostela

Xa está publicado o artigo “Spatial expulsion processes in the Plaza de Abastos in Santiago de Compostela” asinado pola investigadora Ruth Varela, que pertence á revista ANUARI d’Arquitectura i Societat research Journal da Universitat Politècnica de València.

Pódese descargar xa nesta mesma páxina e tamén na páxina web da Universitat Politècnica de València, pulsando neste enlace.

The article “Spatial expulsion processes in the Plaza de Abastos in Santiago de Compostela” by researcher Ruth Varela has been published in the journal ANUARI d’Arquitectura i Societat research Journal of the Polytechnic University of Valencia.

It can be downloaded on this page and also on the website of the Universitat Politècnica de València by clicking on this link.

Nota de financiación:

Este artigo foi posible grazas ao apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

One thousand and one Arguments to change our Urban Imaginaries. The case of Compostela

Xa está publicado o capítulo asinado pola investigadora Ruth Varela, que pertence ao libro Wellbeing for all da Universitat Politècnica de València.

Pódese consultar xa nesta mesma páxina e proximamente na páxina web da Editorial da Universitat Politècnica de València.

Capítulo do libro Well Being for all, 4th VIBRArch

Varela, R. (2025). One thousand and One Arguments to change our Urban Imaginaries. The case of Compostela. En I. Cabrera i Fausto (et al) (Ed.), Wellbeing for All – 4th VIBRARCH – Noviembre 13-15, 2024 (pp. 74-87). Editorial Universitat Politècnica de València.

Nota de financiación:

A participación neste congreso foi posible grazas ao apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

Congreso 15_CTV Roma 2025. Verso il Rinascimento della Cità

“Città e Territorio Virtuale”
Congresso Internazionale

Roma 10-11-12 settembre 2025 Sapienza Università di Roma
Facoltà di Architettura, Dipartamento di Pianificazione Design e Tecnologia della Architettura
Via Flaminia 70-72, 00196 Roma (RM), Italia

O 11 de setembro de 2025 tivo lugar a Sesión A-VR-S03-108 (Virtual), na que tivemos a oportunidade de presentar a comunicación:

Paisajes Productivos de Compostela.

Ruth Varela; Emilio Rodriguez Blanco Universidade da Coruña – A Coruña, España

Collage con 2 diapositivas da comunicación presentada ao Congreso 15_CTV Roma 2025.

Programa do Congreso pinchando na imaxe:

Información do Congreso pinchando aquí.

Nota de financiación:

A participación neste congreso foi posible grazas ao apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

Sitopías 08. Xornada de traballo

Xornada de traballo sobre os sistemas alimentarios de proximidade dende a perspectiva das produtoras locais. Agricultoras familiares de Aríns

12/09/2025 de 17:30 a 20:30 h.

Cartel da xornada: fotografías cedidas por Pablo Carreño. Deseño: Noelia Vázquez Abelenda

En continuidade coas anteriores edicións de Sitopías, trátase de coñecer, a través de estudios de caso, a situación dos sistemas alimentarios de proximidade e dos mercados de abastos locais, dende a perspectiva das produtoras locais en particular, nesta edición, das agricultoras familiares de Aríns.

Lugar e datas:

Venres, 12/09/2025, de 17:30 a 20:30 h.

Local da Asociacion de Veciños Coto da Nai, San Martiño, 16, Aríns, Santiago de Compostela

Directores:

Ruth Varela

Emilio Rodríguez Blanco

Rocío García Carregal

Valeria Pasarín Linares

Comité científico:

Valeria Pasarín Linares

Ruth Varela

Rocío García Carregal

Emilio Rodríguez Blanco

Noelia Vázquez Abelenda

Marta Rodríguez Fernández

Ángeles Santos Vázquez.

Enrique Seoane Prado

Expertas:

Lucía Segundo Moure

Cruz Dafonte

Asociadas de Coto da Nai, entidade presidida por Xosé Neiro Ramos

Fotografías cedidas pola Asociación cultural Flor de Santiago. https://www.flordesantiago.com

Nota de financiación:

O proxecto Sitopías 08 está financiado pola Asociación Cultural Flor de Santiago, co apoio da axuda Juan de la Cierva, JDC2022-048799-I, do Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)/ Agencia Estatal de Investigación (AEI)/ 10.13039/501100011033/ e pola Unión Europea “NextGenerationEU”/ ”PRTR”.

O material de traballo para realizar esta actividade foi adquirido grazas ao Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro, para a realización de investimentos culturais, durante o ano 2025 (FO204/2025), da Deputación da Coruña.

_

A Praza de Abastos de Ourense no programa ZigZag da TVG

O pasado 11 de xuño a investigadora Ruth Varela dedicoulle a colaboración de arquitectura á rehabilitación do Mercado de Abastos de Ourense, realizada polos arquitectos ourensanos Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, de Oikos arquitectura.

Podedes ver o programa no seguinte enlace: https://www.g24.gal/-/-ruth-varela-21

A Praza de Abastos de Santiago de Compostela no programa ZigZag da TVG

Deixámosvos tamén o programa que lle dedicou o 10 de maio de 2022 á Praza de Abastos de Santiago de Compostela, con motivo da estrea do documental “Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela”, codirixido pola investigadora Ruth Varela e polo videógrafo Pablo Soto Goluboff.

Podedes ver o programa no seguinte enlace: https://www.g24.gal/-/-ruth-varela-?

Máis información sobre este documental no seguinte enlace: https://www.flordesantiago.com/ruth-varela-a-praza-de-abastos-integrou-o-campo-na-cidade-e-segue-a-apuntar-como-sera-o-santiago-do-futuro/